
Saio a correr. Primeiro estiro con calma. 40 minutos despois volvo ao punto de partida, pero algo cambiou… Algo que hai moito que tiña que ter cambiado.

Saio a correr. Primeiro estiro con calma. 40 minutos despois volvo ao punto de partida, pero algo cambiou… Algo que hai moito que tiña que ter cambiado.
Normalmente teño o medo ancestral a que se me pare o peito sen remedio. Quedar tirada coma un papel de goma de mascar en calquera esquina. Estoume volvendo algo hipocondríaca, é certo. Pero hoxe non me acompañou ese temor. Ademais da eterna dúbida de pensar unha e outra vez se podo aguantar ou non. Hoxe non escoitei ás voces da discordia, hoxe non me sentin débil. Quería máis. Cambio de ritmo. Rebentar os pulmons, atravesar o tempo e o espazo. Voaba coas pernas. Sentinme imbatible coma Emil. Aínda que non fose verdade.
Si, merece a pena morrer un intre de amor propio absoluto.
Correr media ou longa distancia é exactamente o mesmo que opositar.
Por iso corro.
que raro se me fai non pensar en ti nada máis erguerme. como todas as mañás.
que raro se me fai. alivio, descubro que agora teño máis sitio no meu corazón para min.
que raro se me fai non cruzar a delgada liña vermella.
que raro se me fai ter que salvarte e non sentir nada paranormal.
que raro se me fai preguntarche por cousas que xa sei e non sufrir un ataque de ciumes.
que raro se me fai aconsellarte coa sabiduría dun Jedi. colgo o teléfono coa confianza dun monxe budista. o meu sorriso de lado non engana. nunca sabras como te desdobrei para poder soñarte. e agora…
non te quero. e saír a correr…