Para min o máis sorprendente non foi a fama, os amores nin as grandes interpretacións. Era unha muller sensible e sabia. As palabras non minten

You are who you are. All you can do in this world is help others to be who they are and better themselves and those around them.

Give. Remember always to give. That is the thing that will make you grow.

Not at least until I’m dead, and at the moment I’m having too much fun being alive…and I plan on staying that way. Happiness to all.

Every breath you take today should be with someone else in mind. I love you.

Fago un trato co espello do ascensor. Escribo liñas invisibles coa man esquerda. Quizais non sexa intuición, quizás só sexa realismo. Realismo máxico que me ten consentida como a unha nena malcriada. Ver máis alá da miña miopía. Mochila ao lombo. E chove, é un sinal. Sorrío, vou levitando en vez de camiñar. Outro sinal. Metro. Chamartín. Ceo un sándwich e póñome paranoica porque hai un tipo que leva un anaco detrás de min, desde que saín do metro. Está na barra e tamén pide un sandwich. Fítame. Non me gusta esa mirada nerviosa e escura que ten. Despístoo. Fago tempo lendo. Cando xa está o tren no andén busco o meu sitio no vagón. Sigo a ler. A iso da unha e media paramos en Zamora. Hai neve e vexo pegadas doutros viaxeiros. Por moito que renegue o frío séntame ben. Quizais noutra vida fun un Chinook.

Cando non agardas polo amor, agardas polo traballo, polo momento adecuado, polo gran día, polos fillos. Agardas a sexan grandes para viaxar, agardas polos netos, pola morte.

Non temos paciencia porque somos escravos do tempo. Canto tempo perdido nesa incerteza.

Hoxe diante da tumba do avó volveu a comerme a dor da ausencia. Creo que nos pasou a todos. Quixen berrar e chorar e dicir todas esas cousas que calamos… Doe sorrir e darme conta de que xa non estás.Tiñas que estar aquí PORQUE ISTO É TEU. Unha bágoa por cada ollo. Non podo reprimimirme, xa me chega con facer como se nada… Disimulamos, cambiamos de tema. Eu a primeira, pero sentinme tan culpable e miserable por iso, una vez máis. O equilibrio entre o que sinto, o que quero e o que se espera de min non é un punto estático da vida. Muta, cambia, varía, depende de mil cousas e ultimamente sinto e son conciente que ou me paso ou me quedo corta.

Tola, trastornada, egoísta, amargada…

Balas de prata que non matan ao lobishome nin a Hyde, nin a Drácula… Directas ao meu peito. É que niguén pode matalos. Ninguén. Son miope, non o esquezades e teño mellor oído ca vista.

Pechei os ollos. Sentín como todo se inundaba de mar. Eu era un peixe, branquias para respirar, ollos para non ver. Deslizarme e volver mergullarme ata onde non chega a luz. Aguanto a respiración? Onde vai  meu sangue? Oh, sorpresa, non teño memoria. Ameite? Soñeite? Coñecémonos? E todo se borra…

Perdín o tren. Non foi casualidade nin mala sorte.  A coartada perfecta. Fixen outra vez que o universo xirase ao meu ritmo. E volven a darme un Oscar… Que ben se me dá mentir, é a mellor defensa contra un mentiroso.  Reacciono, a defensa Luzhin. Acabáronse os xogos. E sen darme conta provoco unha bifurcación na miña vida. Todo cambia. Despacio, suave como unha caricia, constante. E sei o que vai pasar… Aí vén o tsunamí, o terremoto. Quizais xa veña de lonxe pero eu non puiden velo ata hoxe.

A sala de informática da FFT estaba pechada. Merda, murmurei. Tiña que imprimir o traballo para  entregarlle á de Didáctica do español. Saín voando cara Empresariais. Aínda brillaba o sol. Pasei por diante das dúas paradas de bus, baixei a costa e cando xa vía a entrada, xente descansando dalgún mestrado, fumando, entón vin esa silueta que son quen de recoñecer a quilómetros, a anos luz. Non deixei de camiñar, estaba de costas non me viu. Disparouseme o pulso, mareeime e caín como unha pedra contra o chan. Non sei o tempo que estiven inconsciente, creo que abrín os ollos cando sentín esa corrente eléctrica polo meu corpo. Ah, mira que ben, tiveron que chamar a unha ambulancia, eu sempre tan discreta. Ataque ao corazón fulminante. E ese olor… ese aroma… agochado na retina, eses ollos. Unha vez pedinlles matrimonio a eses ollos. Hai mil anos. Case non me recoñece. Agora estou máis guapa, agora xa non son tan nena e sei que intúe que agora se me dá mellor iso de xogar ao poker. Coñéceme como se me parise. E de súpeto xa non me lembro de nada, de absolutamente nada do que veu despois deses ollos. Sucedáneos, falsa anestesia e amnesia para o corazón. Ninguén pode competir coa persoa que che cambiou a vida. Ao final conseguín imprimir.