
Ti non poderás comigo

Ti non poderás comigo

A finde vaime tocar estrear todo o que mercamos.
Este blog está de aniversario. Naceu hai seis anos en Lisboa. Foi o regalo que me fixen. Este pequeno anaquiño da rede agocha todos os meus segredos…

Dicir adeus.
Desprenderse, desmembrarse.
Despedirse da infancia. Quizais no futuro laguen a traia de novo…
Como doe ver como colocan esa lousa. Como doe ter que seguir cara adiante.
Coplas de Manrique.
Abrazos e silencio, non pode haber nada máis íntimo amosar esa dor.
Almas espidas, a metada invisible. Esa que imos ocultando mentres medramos. Conscientes, inconscientes. Humanos.
Hoxe diante da tumba do avó volveu a comerme a dor da ausencia. Creo que nos pasou a todos. Quixen berrar e chorar e dicir todas esas cousas que calamos… Doe sorrir e darme conta de que xa non estás.Tiñas que estar aquí PORQUE ISTO É TEU. Unha bágoa por cada ollo. Non podo reprimimirme, xa me chega con facer como se nada… Disimulamos, cambiamos de tema. Eu a primeira, pero sentinme tan culpable e miserable por iso, una vez máis. O equilibrio entre o que sinto, o que quero e o que se espera de min non é un punto estático da vida. Muta, cambia, varía, depende de mil cousas e ultimamente sinto e son conciente que ou me paso ou me quedo corta.
Tola, trastornada, egoísta, amargada…
Balas de prata que non matan ao lobishome nin a Hyde, nin a Drácula… Directas ao meu peito. É que niguén pode matalos. Ninguén. Son miope, non o esquezades e teño mellor oído ca vista.

Para min o mellor do xadrez é cando o teu opoñente se despista, infravalora a ese pequeno peón que vai avanzando lentamente e que un día calquera se transforma nunha nova Raíña…

Por que a vixías cando pensas que non te ve? Por que fuxes tantas veces? E a min encantaríame collerte por banda e dicirche, xa sei porque tremías cando ela te abrazaba… Sei que non era medo, non, que a min non me enganas. Era desexo, ás veces aínda o segue a ser. E non, deixa de correr, non podes escapar.
![]()
Perdín o tren. Non foi casualidade nin mala sorte. A coartada perfecta. Fixen outra vez que o universo xirase ao meu ritmo. E volven a darme un Oscar… Que ben se me dá mentir, é a mellor defensa contra un mentiroso. Reacciono, a defensa Luzhin. Acabáronse os xogos. E sen darme conta provoco unha bifurcación na miña vida. Todo cambia. Despacio, suave como unha caricia, constante. E sei o que vai pasar… Aí vén o tsunamí, o terremoto. Quizais xa veña de lonxe pero eu non puiden velo ata hoxe.
que raro se me fai non pensar en ti nada máis erguerme. como todas as mañás.
que raro se me fai. alivio, descubro que agora teño máis sitio no meu corazón para min.
que raro se me fai non cruzar a delgada liña vermella.
que raro se me fai ter que salvarte e non sentir nada paranormal.
que raro se me fai preguntarche por cousas que xa sei e non sufrir un ataque de ciumes.
que raro se me fai aconsellarte coa sabiduría dun Jedi. colgo o teléfono coa confianza dun monxe budista. o meu sorriso de lado non engana. nunca sabras como te desdobrei para poder soñarte. e agora…
non te quero. e saír a correr…

Son feliz porque xa non son escrava do Amor