
Chomsky, ninguén che dixo que Platón viaxa en tren e que Descartes é quen fai o almorzo todos os días?
Correr media ou longa distancia é exactamente o mesmo que opositar.
Por iso corro.

Non queiras saber o que é unha lobotomía…
Deixa de chamar ás portas, deixa de querer entrar nos meus soños. Este xa non é o teu país.

A finde vaime tocar estrear todo o que mercamos.
Este blog está de aniversario. Naceu hai seis anos en Lisboa. Foi o regalo que me fixen. Este pequeno anaquiño da rede agocha todos os meus segredos…

Dicir adeus.
Desprenderse, desmembrarse.
Despedirse da infancia. Quizais no futuro laguen a traia de novo…
Como doe ver como colocan esa lousa. Como doe ter que seguir cara adiante.
Coplas de Manrique.
Abrazos e silencio, non pode haber nada máis íntimo amosar esa dor.
Almas espidas, a metada invisible. Esa que imos ocultando mentres medramos. Conscientes, inconscientes. Humanos.

Morrer ou sobrevivir.