Perdín o tren. Non foi casualidade nin mala sorte.  A coartada perfecta. Fixen outra vez que o universo xirase ao meu ritmo. E volven a darme un Oscar… Que ben se me dá mentir, é a mellor defensa contra un mentiroso.  Reacciono, a defensa Luzhin. Acabáronse os xogos. E sen darme conta provoco unha bifurcación na miña vida. Todo cambia. Despacio, suave como unha caricia, constante. E sei o que vai pasar… Aí vén o tsunamí, o terremoto. Quizais xa veña de lonxe pero eu non puiden velo ata hoxe.

Un comentario en “

  1. Sempre hai un tren agardando na beira do camiño, aínda que non saibamos cal é o seu destino nin fose este o soñado. O importante é seguir avanzando.

    Gústame

Os comentarios están pechados.