Blog

Todas as cancións de amor falan de ti. Como a primeira vez que escoitei Wonderwall e sentín unha frecha no meu peito de doce anos. Era o amor, pero eu non o sabía. Tampouco de onde viña. Porque eras ti quen tiña que enterrarme. Levar o meu cadaleito coma nós levamos o da avoa Raquel…

Por que será que o inferno sempre se quere disfrazar de oasis? Por que (non) será?

O primeiro é atopar quen faga as preguntas adecuadas. As túas, as de ninguén máis. E parar. Non te preocupes, non podes entendelo, non pasaches por esta estación pantasma. Aquí o tempo e o espazo confúndense. Volvo estar sentada diante da pantalla de cine vendo a Simba e a Murphy; coñezo ben o gusto dese…

15 de agosto. 1993

15 de agosto. 1993 Levo trinta anos sen volver a Cangas. Pero en realidade debería comezar por un “Querido avó”. Sei que sempre conto a mesma historia cando chega o 15 de agosto, perdoa, non podo evitalo. Esquecín tantas cousas, pero outras lémbroas cunha claridade que me corta a pel: ti regando a horta e…

A paz que (me) deixa a intuición.

Fácil

Quizais só é medo. Ou quizais é que vexo vir as cousas. Como tantas outras veces. Como cando de nova non fuches guapa, cando non che entraban porque si, e aprendes a distinguir cando realmente lle gustas a alguén. Como nunha entrevista de traballo. Haberá quen se infle coma un globo; outro espellismo. Pero eu…

Que fácil é confundir cariño con agradecemento…

Viacrucis

Cando non choras no momento que lles corresponde as bágoas quedan penduradas do tempo, dos recordos, agardando por outro momento para liberarse de ti. Ninguén pode secar un océano. Estaban agardándome. Micro en man, viacrucis. Papá e Mamá ao lado vendo como pasado, presente e futuro se mesturan. En min. Esa voz non é miña,…

Non ser

Esperto porque a escoito falar. Outra vez a súa voz. Dispáraseme o corazón. Erguinme hai cousa de dúas horas para tomar un ibuprofeno pola dor e volvín quedar durmida. A súa voz catro meses despois. Saio da habitación con medo e aguantando a respiración. Estamos en Fontes e eu estaba no seu cuarto. Nin sequera…

Aurea mediocritas

Levámosche flores e o paso do tempo maréame. Volve ser 11 de setembro. Alí, diante da túa lápida aínda sen o teu nome e sen o 23 de xuño penso que todo é un soño. Aínda non casamos o Rei e eu e estades todos. Tampouco comecei o curso, o curso que repetiría unha e…

Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.


Follow My Blog

Get new content delivered directly to your inbox.