
A soidade e eu levábamonos ben. Non ten ciumes da miña saudade. Ela ocupa a metade da cama na que durmo. Metade que está sen desfacer. Vén comigo á praia, cociña para min. Lémbrame que xa non estou afeita a correr costas. Axúdame a buscar banda sonora, acende a luz do flexo cando cae a noite e pecha as contras do faiado.
Pasar de vivir nunha casa chea de familia e amor, na que me é imposible escribir, a estar soa, perdida no meu mundo 21h ao día. Sempre o souben, botar de menos é sanísimo.
Non podería estar máis de acordo.
Eu, coma o Andrés dabaixo, tamén agardo cada nova entrada coma auga de Maio. Espero que non o deixes nunca… 🙂
GústameGústame
Non me digas iso!! jeje
GústameGústame