
Unha vez dixerónme que era como a Maga. Eran outros tempos, cando era unha ionqui, na cidade de augas douradas. Lembreime lendo o xornal. Por que? Quizais porque daquela era esa gran personaxe xogando coas casualidades. Agora non, transmutei nunha especie de Cortázar da vida. Nada se lle escapa á miña intución. Disimulo, sempre disimulo. Discrección, é mellor que non saiban que sei.