Quero soñar que noutra vida serei revisor de tren, pero no século XX cando todo era analóxico (as cámaras, as cartas), cando aínda ninguén inventara a palabra dixital. Daquela as agullas do reloxo non corrían tanto, tiñan mellor calidade de vida. Sempre paraban a tomar o té inglés e o chocolate suizo. O tren ten algo que non ten o coche ou o avión. Un glamour antigo, como se fose unha lenda de Hollywood. Viaxar cara ningures ou cara a raíz dos silencios…