Toño e Mariano viven na rúa, en Madrid. Almas errantes. Mariano leva na rúa dende os 15 anos, xoga ao futbol, é porteiro do equipo español de fútbol na rúa. Ten a voz desgarrada polas vivencias, como unha guitarra que resiste a desatención do seu dono.

Toño acabou na rúa despois de telo todo. Informático, divorciado. Compartir non é dar o que che sobra, é dar o pouco que tes. Le libros, escribe e pasa moitas horas, moitísimas no Prado. En vez de contar a súa vida semella que está a recitar

Estes son os pequenos grandes milagres que podes atopar de madrugada nun programa dedicado en corpo e alma ao dichoso deporte rei.