Penso que nunca fun consciente do que realmenta significa ver medrar a un neno. Ata hoxe. Non se trata de que os nenos che caian mellor ou peor, que te sintas identificado e penses na túa infancia. Non, é distinto. Esa maneira na que botan raíces en ti sen pedircho, sen que sequera o saiban… Este sentimento, de onde vén? Un truco de maxia inesperado, maxia de verdade. E algo cambia en min, no profundo, no eterno. Un golpe seco na alma. E algo esperta… Algo que estaba aí dende o principio dos tempos, algo que xa vin nos ollos que me criaron e me guiaron. Un flash, un recordo: Osiria ensinándolle a ler a un neno no patio do colexio. A miña mirada curiosa. Por que? Que buscas?

Vexo o futuro, preséntase ante min cos brazos abertos, sorrindo. Todo está mal, todo é complicado, todo, todo… Todo é mentira. Todo depende de ti. O abrazo invisible da vida.