Que lembras da túa infancia? Agora non podes verte, case non te recoñeces nas vellas fotografías. Como te sentías? Esquecíchelo? Moitas das persoas que máis te amaban xa non están… Guiábante, protexíante. Enchíanse de ti coma ti deles. Podías ser ti. Non tiñas que disimular. Non había críticas, nin opinións, nin expectativas. Esa inxenuidade tan xenerosa. Dábalo todo, entregábaste coma un saltador de trampolín nun salto de trampolín infinito…

E agora, que queda de nós? Que sobreviviu? Un valado de espiñas metálicas. Os restos dunha guerra fría, a eterna loita entre quen realmente somos e quen eles cren que debemos ser.