
Ter febre é como estar namorado. Un pequeno deliro que voa arredor da cabeza. Ter frío, ter calor. Deixarme estar así para sempre.

Ter febre é como estar namorado. Un pequeno deliro que voa arredor da cabeza. Ter frío, ter calor. Deixarme estar así para sempre.

O bo de ter febre é que deixo de terlle medo aos monstros que viven debaixo da miña cama. Narcotizada.
Que ben, non son unha paranoica…

Pararei o tempo e marcharemos sen pasar por aduanas. Sen deixar pistas nin enderezos. Onde non imaxinan.
Voute secuestrar o día que menos penses.

A felicidade NON é un estado de ánimo. É unha forma de ser.

Algunha viches como se maquilla un paiaso mentres soa María Callas? Herdanzas, rituais. Un avó na 1ª Guerra Mundial. Groucho Marx e o seu bigote. As covas de Altamira. Un pato de goma inchable e o seu humor directo.
Ganas de vivir, unha vez máis. Gracias.

Esta certeza perségueme… Aparecéseme moitos sábados, de madrugada, cando son máis vulnerable, xusto despois de meterme en cama. Ou cando rebusco entre as fotos de Alemania, ou naquela cartas á prima Elisa en Arxentina. Procuro similitudes nos anciáns que pasean pola beira do río mentres corro. Como quen xoga á lotería. Cantas veces soñei con eses abrazo no que eu xa non son unha nena pequena… Cantas veces intentei ser coma eles e fracasei. E eses recordos intactos, gardados e xamais descritos por medo a que perdan a maxia. Esas voces que xa non recordo. As miradas tenras. Anos alimentándome dos recordos de outros, as pequenas grandes fazañas das súas vidas. Búscoos en meus pais, nos tíos… Ás veces, son valente e mesmo me atrevo a facelo en min. E non podo evitar pensar en que todo tería sido máis fácil. Todo…
Hai persoas que non deberían irse xamais porque aínda que poidamos volver a sorrir, ser felices, sentirnos plenos, ter ilusións polas que erguernos todos os días, medrar e ser mellores do que xamais soñamos… Seguiremos a botalos de menos, a necesitalos, a querelos… Sempre.
(A meus avós, in memoriam)
![]()
Non voaban coitelos, o que voaban eran as miradas depredadoras do vello tigre. Esas mirada que te ispen aínda que ti NON queiras, porque estás soa…